O Concello de Gondomar, en colaboración coa Deputación de Pontevedra a través de fondos europeos e do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, repartirán tres tipos diferentes de bolsas feitas con materiais respectuosos co medio ambiente. O Concello fará o reparto entre aqueles comercios que o soliciten. Os interesados en recibir as bolsas de forma gratuíta deberán enviar un correo electrónico a alcaldía@concellodegondomar.gal. As peticións serán atendidas por orde estrita de chegada e ata esgotar existencias. Repartiranse tres tipos de bolsas, todas elas feitas con materiais reciclados e reciclables, sen utilización de ningún tipo de plástico e por tanto totalmente respectuosos co medio ambiente.
Gondomar repartirá bolsas ecolóxicas de forma gratuíta entre o comercio da vila

