
O centro deportivo de Serviocio Valmiñor anima a todo o mundo a reactivarse tras a época estival. Tras as vacacións e as viaxes volver a un estilo de vida activo e saudable faise, aínda máis se cabe, imprescindible.
Para axudar a conseguir este obxectivo, Serviocio puxo en marcha unha nova campaña baixo o claim “Dálle ao play!”, unha analoxía para poñerse en forma tras o “pause” do verán. Esta mensaxe non só incentiva a comezar a actividade física, senón que destaca os obxectivos tan diversos que se poden lograr coa práctica deportiva.
A matrícula será gratuíta para todos aqueles que queiran inscribirse no centro. Ademais, seguindo co compromiso que ten Serviocio coas familias, estas contarán con vantaxes especiais no seu abono. Para máis información sobre esta promoción pódese consultar en https://www.serviocio.es/dalealplay.
Piscinas, salga fitness, sauna e baño de vapor son algunhas das zonas deste centro deportivo. Esta variedade permite que todos atopen o deporte que mellor se adapte a cada un. Nestes espazos desenvólvense multitude de actividades dirixidas como ciclo indoor, core, funtional ou pilates. Dispón tamén de servizos adaptados aos máis pequenos como a escola de natación.
30 anos de Serviocio
Ademais, este 2023 a xestora do centro deportivo de Valmiñor, Serviocio, cumpre 30 anos dedicados ao sector fitness. O grupo Serviocio comezou a súa andaina coa xestión dunha piscina municipal en Ferrol en 1993 e actualmente conta con 36 centros deportivos repartidos en 11 provincias españolas.