Os Head Soccer revalidan título de campións no XX Torneo de Pas Praia de Baiona

Baiona celebrou este sábado na praia da Ribeira unha nova edición do xa tradicional Torneo de Pas Praia 2×2, organizado pola Concellería de Deportes. A competición comezou ás 10:00 da mañá, xogándose os partidos clasificatorios, e xa pola tarde, os cadros eliminatorios, coas semifinais e a gran final. O torneo, que cumpriu a súa XX edición, foi un éxito de participación, con 40 equipos inscritos e un notable número de seguidores ao longo de todo o día.

Divididos en 8 grupos de 5 parellas, clasificáronse para a fase final do torneo os dous mellores de cada grupo, mentres que para o cadro de consolación pasaron os terceiros e cuartos. Os últimos de cada grupo quedaron eliminados. O XX Torneo de Pas Praia desenvolveuse en tres pistas instaladas no areal, co único propósito de divertirse e realizar actividade física. Ademais, todos os participantes recibiron bocadillo e bebida como de costume para gozar dun día de praia.

Ao finalizar a competición, a concelleira de Deportes, Ana María Iglesias, e o concelleiro de Actividades Marítimas, Joaquín López, foron os encargados de entregar os agasallos e trofeos conmemorativos ás parellas participantes nesta edición.

O cadro de vencedores nesta XX edición foi o seguinte:

CADRO FINAL

  • Campións – Head Soccer
  • Subcampións – Los Tenistas
  • Semifinalistas – Vigo Arena
  • Semifinalistas – Os Resesos

CADRO DE CONSOLACIÓN

  • Campións – Señores Santos
  • Subcampións – Los Melocotones
  • Semifinalistas – La Susi y la Loli
  • Semifinalistas – Oliveiriños

El pase de diapositivas requiere JavaScript.