O grupo de corda e voz “Baiona Bay” ofrecerá este sábado 27 de xullo o seu Concerto de Verán, a partir das 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona, dentro do programa cultural e de lecer Baiverán 2019 organizado pola Concellería de Cultura. A mediados do 2014, un grupo de amigos que gozan tocando e cantando, decidiron formar unha agrupación con nome propio. De aí naceu a idea de crear “Baiona Bay”. Ata o momento, algúns tocaran xa xuntos noutros grupos, participando en distintos eventos e mesmo acompañando un coro de voces.
Concerto de Verán do grupo de corda e voz “Baiona Bay”

