A Garda Civil intercepta a un individuo circulando en patinete eléctrico por unha vía interurbana

O pasado venres, unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Porriño, observa a un individuo circulando cun patinete eléctrico polo km. 4,400 da estrada EP-2601, vía interurbana en Mos.

Resulta ser un veciño de Porriño, de 46 anos, o cal mostra síntomas evidentes de estar baixo a influencia de substancias estupefacientes, polo que se lle realiza a proba de drogas, dando un positivo indiciario, pendente de confirmación por laboratorio.

Formúlanse dúas denuncias administrativas, a primeira por circular por unha vía prohibida para este tipo de vehículos de mobilidade persoal, o que supón unha sanción de 200 €, e outra polo positivo en drogas durante a condución o que ten asociada unha sanción de 1000 €.

Desde o Subsector de Tráfico de Pontevedra lémbrase que este tipo de vehículos, considerados de mobilidade persoal, non poden circular por vías interurbanas, travesías, autoestradas e autovías, así como tampouco por túneles urbanos, beirarrúas e zonas peonís (salvo se está regulado polos Concellos e sempre a paso de persoa).

Os seus condutores terán que cumprir as normas de circulación como o resto de vehículos, polo que poderán ser requiridos para realizar tanto a proba de alcol como a de drogas, e tampouco poderán facer uso de auriculares nin teléfono móbil.