I Encontro de Bombos Internacional en Donas

A Asociación Folclórica Santa Baia de Donas organiza o sábado 12 de agosto o I Encontro de Bombos Internacional no Centro Cultural de Donas. O evento dará comezo ás 17:00 horas cun pequeno percorrido dos grupos de bombos pola parroquia. No Encontro de Bombos participarán Treboada Arroutada, Treboada San Campio de Lonxe, Os Terribles de Tomiño, Treboada Virxe do Alivio, Grupo de Bombos Tocá Bombar e Treboada Son Galego. Na Foliada participarán o Grupo de Gaitas Os Romanteleiros, Grupo de Gaitas Cores do Sobreiro, Grupo de Gaitas do Centro Cultural A Merced de Chaín e Grupo de Gaitas Ecos e Agarimos. Pecharán a festa Os Carunchos. Haberá posto de comida e bebida e sorteos.