A Praia da Ladeira acolleu o sábado o XXII Torneo de Voley Praia de Baiona. Máis de 250 deportistas en 48 equipos repartidos nas categorías de Adultos (40 equipos) e Sub 14 (8 equipos) participaron no primeiro dos catro torneos que organiza o Concello de Baiona durante os meses de xullo e agosto.
A competición, organizada polo Club Vigo Voley conxuntamente coa Concellería de Deportes de Baiona, comezou ás 10:00 da mañá e desenvolveuse en dúas fases, a primeira con grupos en sistema de liga todos contra todos a 1 set de 21 puntos, clasificándose os tres primeiros de cada grupo, e as fases eliminatorias cun sistema de eliminación directa ao mellor de 2 sets a 15 puntos.
O equipo vencedor desta XXII edición foi “Chungo Rival” tras derrotar a “Garrapata Man” na gran final. “Mucho Muchachos” e “Green Day” foron os equipos semifinalistas. No cadro de consolación os campións foron “Campeones Beach Voley”, quedando subcampión “Trivao”. “Civi” e “Aún Cuarentaitantos” foron os equipos semifinalistas. Na categoría Sub 14, o equipo vencedor foi “Maniotas”, despois de vencer na final a “Lores/Otero”. “Thank” e “Pachurretas” foron os semifinalistas.
Todos os participantes recibiron unha camiseta, bebida e comida para pasar un día de praia. O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o concelleiro de Actividade Marítimas, Joaquín López Goce, foron os encargados de entregar os trofeos aos gañadores.

