Sin categoría

O Acro Club Nigrán consegue as súas primeiras medallas de ouro no Campionato de España

O Acro Club Nigrán conseguiu as súas primeiras medallas de ouro no Campionato de España de ximnasia acrobática celebrado a pasada fin de semana, coas parellas femininas infantil e cadete base, compostas por Blanca García Pino e Daniela Campos Losada e Aroa Lago Pereira e Blanca Santos Balboa, respectivamente. Ademais, o trío feminino júnior base conseguiu un quinto posto cun 24,280 a escasos puntos do 4 e o 3.

O resto dos equipos realizaron un traballo excelente cunha calidade nas súas rutinas que xamais alcanzaran ata a data:

  • Parella feminina escolar benxamín: Alba Alonso e Mencía Blanco.
  • Parella feminina escolar alevín: Xiana Lameiro e Sofía Rodríguez.
  • Parella feminina escolar infantil: Elsa Rouco e Ana Blanco.
  • Parella feminina infantil base: Poppy Rose, Leire Rial.
  • Trío feminino cadete base: Maruxa Gefaell, Miriam Docampo e Nayra Novoa.
  • Trío feminino júnior base: Lía Castro Leyenda, Sara García Pino e Sofía Campos Losada.
  • Trío feminino absoluto: Alexia Rajó, Inés Fernández e Vera Fernández.
  • Parella feminina alevín base: Elsa Ridaura e Daniela Fernández.
  • Trío feminino alevín base: Julia Rey, Laura Lago e Enma Pérez.

Foi o ano con maior participación de Acro Club Nigrán nun Campionato de España e esperan seguir crecendo e ter máis equipos en futuros campionatos.