Este venres, 23 de xuño, o Concello de Baiona organiza con ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona), unha sardiñada, unha fogueira e música en directo para celebrar a noite de San Xoán na Praia Ribeira. A celebración comezará a partir das 19:00 horas co show DJ e saxo de (Big O) Oliveira + Kike Saxo. Ás 22:00 horas actuará Fanatic Four, e tras o acendido da fogueira ás 00:00 horas, a velada finalizará coa música de DJ Gabi.
Baiona celebra a noite de San Xoán con sardiñada, fogueira e música

