
Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este xoves 1 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal, unha conferencia titulada “As lendas fundacionais dos santuarios galegos”, a cargo do historiador Anxo Rodríguez Lemos.
O conferenciante, doutor en Historia e recentemente nomeado Cronista Oficial de Baiona, é un bo coñecedor das formas de relixiosidade popular de Galicia durante a Idade Moderna, das lendas que propiciaron a fundación de moitos dos santuarios galegos, así como dos costumes e tradicións que se seguiron ao longo da historia nestes lugares, que moitas veces gardan relación con sitios de culto pagán posteriormente cristianizados.
O conferenciante será presentado pola compañeira do Ateneo, Camiño Noia Campos.