O Concello de Nigrán ofrece este sábado 20 de maio ás 12:00 horas na Biblioteca Municipal o contacontos “A maleta da avoa”, a cargo de Raquel Queizás e dirixido a nenos a partir de 3 anos. A actividade encádrase no programa de animación á lectura “Ler Conta Moito”. Desde ben pequena escoitaba os contos da avoa á mañá, na merenda e, sobre todo, á noite. A maleta da avoa está chea de pequenos tesouros; nela vive a memoria. Dentro dela brincan trasnos, mouras, nenas espelidas, bonecas feitas con carozos de millo… Abrímola?
Nigrán ofrece este sábado o contacontos de Raquel Queizás “A maleta da avoa”

