Dous ouros, unha prata e dous bronces para o CPA Gondomar no Trofeo Deputación

Esta fin de semana o CPA Gondomar albergou o Trofeo Deputación de libre 2023, nas categorías de cadete a sénior, que tivo lugar no Pavillón Municipal Souto-Donas, en Gondomar.

O trofeo abarcou toda a fin de semana e o resultado das competicións foron extraordinarias para o Club Patinaxe Artística Gondomar, que conseguiu subir ao podio ás súas patinadoras en todas as categorías femininas, conseguindo o ouro Noa Álvarez en júnior e Paula Gilsanz en xuvenil. Tamén conseguiron subir ao podio en categoría cadete María Moldes coa prata e o bronce para Lola Álvarez. Seguindo co bronce en sénior de Andrea López. Unha fin de semana no que puideron desfrutar sobre rodas do deporte que máis lles fascina, conseguindo o resto de patinadoras do club alcanzar grandes posicións, defendendo os seus programas.

Toda unha fin de semana no que non faltou forza, velocidade e destreza sobre rodas, con coreografías que non deixaron indiferentes aos xulgadores, todo acorde cos seus programas, así como coas camisolas que portaban. Os deportistas sobre rodas mostraron un gran nivel representando o traballo do seu equipo técnico composto por David Figueroa e María Nombela. O campionato deu comezo o sábado ás 9:30 con contactos pista da mañá e finalizou o domingo ás 14:00 coa entrega de trofeos polas autoridades do Concello gondomareño, con representación do Alcalde Paco Ferreira, a concelleira Nuria Lameiro e o concelleiro Jose Luís Alonso.