
Durante esta fin de semana tivo lugar no Pavillón Municipal de Baiona a última xornada da Liga Nacional Bronce na que o Club Escola Rosalía Peixes Vimar finalizou na sexta praza tras caer por 2 apertados 4-3 ante o IES La Orden, campión da competición, e os malagueños do Larios Rental Jorge Guillén. Os galegos tentaron pelexar polas prazas de ascenso pero non puideron conseguir o obxectivo aínda a pesar de realizar unha gran competición e de contar coas baixas de xogadores importantes nas súas filas como David Durán, Martina Servetti e de que Paula Espinosa lesionásese no primeiro enfrontamento contra CB Valladolid, o que lle obrigou a xogar minguada de facultades. En canto á competición o IES La Orden (Huelva), CB Mao (Menorca) e CIDE (Mallorca) coparon o podio mentres que descenden a segunda división CB Alfajarin (Zaragoza) e CB Ronda (Málaga).
Gran ambiente durante toda a fin de semana nas bancadas baionesas con máis de 120 xogadores e xogadoras animando aos seus respectivos equipos, o que fixo que por momentos o Pavillón de Baiona fose toda unha festa. Na entrega de premios estiveron presentes José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Carlos Gómez, alcalde de Baiona, Rodrigo Sanjurjo, presidente da Federación Galega de Bádminton e delegado da Federación Española de Bádminton no evento, Jesús Gómez, presidente do Club Escola Rosalía Peixes Vimar e Andrea Pérez, concelleira de Deportes do Concello de Baiona.
Este evento estivo patrocinado pola Federación Española de Bádminton e o Concello de Baiona e contou co apoio do Consello Superior de Deportes, a Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Asociación Escola Rosalía de Castro e das firmas privadas da Federación Española de Bádminton El Corte Inglés, Iberdrola, Loterías e Apostas do Estado e Yonex. O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, agradece “a implicación dos organizadores neste evento que atraeu ata Baiona a un gran número deportistas durante esa fin de semana para desfrutar desta disciplina”.