Inscricións abertas para o V Open de Pesca Submarina Vila de Baiona

O Club Deportivo Subacuático Pérez-Sub organiza un Campionato Open Social para o 22 de abril en augas do Cabo Silleiro. Será Open aberto a deportistas FEGAS e FEDAS, sexan socios ou non do club, que queiran compartir unha mañá de pesca submarina. O formato do campionato será individual con saída desde terra. Cunha duración de 5 horas onde se aplicará o regulamento vixente para os campionatos galegos de pesca submarina. A totalidade das capturas quedarán en poder da organización, as cales serán doadas integramente á beneficencia.

A competición desenvolverase entre as 9:00 e as 14:00 horas. A cota de inscrición é de 15 euros para socios do club e de 18 euros para os non socios, incluíndo a comida. Tanto os participantes como acompañantes deben inscribirse antes do campionato, para saber con cantas persoas cóntase para comer. A comida e pesada será no Campo de Bolos Celta A Cela de Baredo. As inscricións permanecerán abertas ata o 19 de abril, non admitíndose ningunha inscrición posteriormente.

Os interesados deben enviar ao correo electrónico club.subacuatico.perezsub@gmail.com a ficha de inscrición; xustificante do ingreso da cota na conta do Club ou do Bizum; Licenza Federativa e Licenza de Pesca Submarina. Non se admitirá ningunha inscrición sen estes documentos. Calquera problema coa inscrición deben poñerse en contacto co club vía e-mail ou a través do teléfono 607 46 46 50.

HORARIOS
08:30 Verificación da Documentación dos participantes no antigo Faro de Silleiro.
09:00 Saída desde terra.
14:00 Regreso ao mesmo punto.
14:30 Comida.
16:30 Pesada.