Sin categoría

O Goberno impedirá o despedimento por causas relacionadas co COVID-19

O Consello de Ministros adoptou unha Real Decreto-lei con medidas complementarias no ámbito laboral para paliar os efectos derivados da crise sanitaria da COVID-19.

A nova norma completa, concreta e reforza a aplicación e os mecanismos de control das medidas postas en marcha a través da Real Decreto-Lei 8/2020, do 17 de marzo. A medida ofrece unha mellor cobertura e establece medidas específicas para algúns sectores. Ademais, pretende axilizar a contratación pública durante a crise causada polo coronavirus.

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, reiterou que “o Goberno non vai deixar a ninguén atrás” e, con este obxectivo, acordou hoxe un ambicioso bloque de medidas de carácter social.

Non é necesario despedir a ninguén

Durante a súa comparecencia, a ministra recalcou que ninguén pode aproveitarse da crise sanitaria para despedir.

A norma aprobada hoxe, subliñou, establece mecanismos legais e recursos públicos inxentes para que os empresarios poidan acudir aos expedientes temporais de regulación de emprego (ERTE) e asegurar o mantemento dos contratos. Neste sentido, non poderán propiciar despedimentos por causas de forza maior, técnicas, económicas, organizativas e de produción.

Os contratos temporais, aclarou, non se extinguen, senón que se interrompen, e renovaranse unha vez conclúa a crise sanitaria. “Non é necesario despedir a ninguén no noso país. Esta crise é unha paréntese e cremos que hai mecanismos suficientes para que entre todos fagamos un uso responsable dos bens públicos”.

Yolanda Díaz tamén avanzou que se simplificarán os expedientes de regulación temporal de emprego. As empresas terán que encher un formulario cos datos persoais do traballador, o seu Documento Nacional de Identidade e o seu número de conta. As oficinas do servizo público de emprego tramitarán e recoñecerán as prestacións por desemprego con prontitude. Estas prestacións, aclarou a ministra, outorgaranse mesmo a aquelas persoas que non cumpren cos prazos de cotización previa habituais.

Por outra banda, a ministra anunciou que a Inspección de Traballo e Seguridade Social revisará de oficio todos os ERTE, comprobará as causas alegadas para solicitalos e, en caso de solicitudes con falsidades e incorreccións, ou se se observa calquera tipo de fraude, as empresas “terán que devolver ata o último céntimo de euro percibido, incluída a prestación por desemprego do traballador afectado”.

A titular de Emprego recoñeceu a actitude da cidadanía ante a crise, o labor do persoal sanitario, o traballo que os empregados do Servizo Estatal Público de Emprego (SEPE), que se reforzou con 1.000 efectivos, e de todos os servizos públicos, que “están a traballar arreo”.