A parroquia baionesa de Baredo celebra este sábado 25 de marzo as festas na honra da Virxe da Cela. Pola mañá haberá un pasarrúas a cargo de Treboada Son Galego. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada polo grupo de Treboada, que actuará ao finalizar. A continuación terán lugar as grandes “poxas” a cargo de Carlos Riveiro, e pola noite, a partir das 22:00 horas, verbena no Campo de Bolos de Baredo coa orquestra New York e a discoteca CDC.
Baredo celebra as festas da Virxe da Cela

