Baiona organiza unha xornada lúdica de tenis de mesa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Tenis de mesa.

A Concellería de Deportes do Concello de Baiona organiza unha actividade gratuíta de promoción e divulgación gratuíta de Tenis de Mesa. Trátase dunha xornada lúdica que terá lugar o sábado 25 de marzo no Pavillón Municipal de Deportes dende as 10:00 ata as 12:00 horas. Todas aquelas persoas interesadas en participar na actividade deberán entregar o boletín oficial de inscrición no Pavillón Municipal de Deportes de Baiona ou chamar ao teléfono 986 35 65 68 para formular a mesma. Do mesmo xeito, tamén pode facerse vía email a través de deportes@baiona.gal.

As prazas son limitadas por rigorosa orde de inscrición. O boletín oficial de inscrición está dispoñible na páxina web do Concello de Baiona. https://www.baiona.gal/cultura/area-deportes/ A Concellería de Deportes do Concello de Baiona aposta por promover esta actividade de lecer, que é interxeneracional e universalmente coñecida. Así mesmo, desde o deporte base, fomentando o local e próximo, búscase coñecer novas persoas, interactuar e intercambiar ideas ou opinións. Será unha xornada non competitiva para desfrutar desta disciplina.