
Unhas 150 persoas concentráronse este venres en Nigrán para volver denunciar a mala calidade dos menús escolares convocados polas ANPAS do CEIP Humberto Juanes, CEIP Carlos Casares e CEIP da Cruz-Camos. Esixen que desde o próximo curso se utilice a cociña do CEIP Humberto Juanes para elaborar a comida.
O martes 7 de marzo ás 11:00 horas estarán apoiando aos centros de Vigo na rolda de prensa que darán no colexio de O Chouzo, con reivindicacións similares. Reunirán a centros dos Lotes 22, 23, ambos de Vigo, e posiblemente do Lote 19, de Moaña. En total representan a máis de 5000 usuarios dos servizos de comedores escolares galegos.
A Valedora do Pobo respondeu á súa queixa con respecto ao informe da inspección sanitaria que a Xunta de Galicia levou a cabo no CEIP Humberto Juanes indicando que non foi remitido pola Consellería de Educación. A Valedora do Pobo volveu requirir o envío desta información, como por lei lle corresponde á Consellería.