Ruxido de motores e churrasco en Borreiros

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // 11ª Motochurrascada Os Rillasepas.

A Peña Moteira Os Rillasepas celebrou esta fin de semana a súa Motochurrascada, que neste ano cumpriu a súa décimo primeira edición, coa participación de máis de 130 moteiros chegados de toda España. O evento arrancou o sábado ás 12:00 do mediodía coa apertura da zona de acampada no Centro Cultural de Borreiros, en Gondomar.

Xa pola tarde, os moteiros fóronse concentrando desde as 16:00 horas para realizar un roteiro pola contorna, que comezou preto das 17:00 horas dirección San Cibrán, para logo pasar por Oia, O Rosal e A Guarda, onde fixeron unha parada para gozar duns petiscos, para logo regresar a Gondomar pola estrada da costa.

De volta en Borreiros e despois da realización de diversos xogos, celebrouse unha cea con festa e sorteos, ademais de sesión musical a cargo de DJ Freddy. A xornada do domingo comezou cun almorzo ás 9:00 da mañá, finalizando o evento cun novo roteiro e picada ás 11:00 horas.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.