Cuba estará presente de novo na Arribada

Como consecuencia do irmandamento entre Baiona e a cidade Rafael Freyre en Holguín (Cuba), esta cidade estará representada na Festa da Arribada 2023 en Baiona cun posto xestionado conxuntamente polo Consulado de Cuba en Galicia, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e o núcleo do Val Miñor do Partido Comunista de Galicia.

No posto ofreceranse produtos ecolóxicos cubanos, como café e azucre de cana, e non faltarán os imprescindibles mojitos. Ademais ofrecerase información sobre a realidade cubana e o turismo en Cuba. Contarán coa presencia da Cónsul Xeral de Cuba en Galicia e con Braulio Freyre, sobriño do guerrilleiro que dá nome á cidade irmá.

Os interesados poderán anotarse no posto para unha viaxe colectiva a Rafael Freyre con obxectivo turístico e de inmersión na realidade cubana, de cara a estreitar os lazos de irmandade entre as dúas cidades.

O beneficio total das ventas dedicarase a un proxecto solidario prioritario para Rafael Freyre. Invitan a toda a poboación da comarca do Val Miñor e de Vigo a coñecer e solidarizarse con Cuba visitando o stand situado no Paseo da Ribeira a carón da entrada ao Parador.