Baiona abre o prazo de inscrición para participar no Programa de Conciliación de Semana Santa 2023

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona abre a partir do vindeiro luns 6 de marzo o prazo para solicitar praza para participar no Programa de Conciliación de Semana Santa 2023. Nesta edición ofértanse 36 prazas. As bases poden solicitarse ao enderezo electrónico cim@baiona.gal, recollelas no Centro de Información á Muller ou descargalas do taboleiro virtual ou na páxina web municipal. Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 54.