Baiona amplía a programación do Baiverán 2017 con dous festivais solidarios

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // La Patrulla na 1ª Ruta Musical "Sons do Casco".

O Concello de Baiona decidiu ampliar a programación de actividades do Baiverán 2017 con dous novos festivais de música solidarios que vanse celebrar nos últimos días do mes de agosto.

Os xardíns da Casa-Museo da Navegación acollerán nos vindeiros días dúas novas citas musicais. A Concellería de Cultura ampliou o programa Baiverán cunha serie de concertos con fins solidarios para a recollida de alimentos e en favor da protectora de animais Bai Senpulgas.

O primeiro dos festivais benéficos será este sábado, 26 de agosto, ás 21:00 horas, coa actuación do grupo de folk Virandeira. Será o 1º Concerto Benéfico «Sentimentos» da Protectora de Animais Bai Senpulgas e ademais de música, haberá sorpresas e premios.

E o vindeiro 31 de agosto será o día para o 1º Festival Solidario Bai por Vós. A celebrar tamén nos xardíns da Casa-Museo da Navegación, o obxectivo é recoller comida (calquera alimento non perecedoiro) para o seu reparto, a través da ONG fundada en Baiona “Ayuda al mundo necesitado”. O concerto comezará ás 20:00 horas e actuarán os grupos La Patrulla, The Velly Kelly’s, Los Vagos de Lalín e David Seoane (Banda de Mazinger).

Anuncios