Nigrán completa o abastecemento de auga no barrio da Mámoa en Priegue

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para completar o abastecemento público de auga no barrio de A Mámoa, na parroquia de Priegue. Os traballos, que estarán rematados nunha semana, consisten en ampliar en 450 metros a tubaxe para chegar a preto dunha vintena de casas que carecían de este servizo e que se viran seriamente prexudicadas pola seca deste verán, motivo polo que demandaban especialmente o abastecemento.

Unha vez rematadas as obras, os interesados en conectarse ao servizo deben acudir á oficina de Aqualia, empresa concesionaria, sita en Avda. Val Miñor, no 2 baixo, en horario de atención ó público (de luns a venres de 09:00 a 13:00) ou ben solicitalo por correo electrónico a nigran@aqualia.fcc.es facilitando nome, DNI, dirección, referencia catastral (recibo Oral) e teléfono.