O Concello de Nigrán apoia a concentración para esixir á Xunta que empregue a cociña escolar municipal

O Concello de Nigrán chama á veciñanza do municipio e, en especial ás diferentes comunidades educativas, a participar este venres 17 de febreiro ás 9:20 nunha concentración na Praza do Concello baixo o lema #CociñaNaEscola. O Concello de Nigrán investiu preto de 400.000 € en habilitar una cociña no CEIP Humberto Juanes con capacidade para fornecer a todos os colexios de Nigrán (e en disposición de empregarse hai xa 6 meses) mentres a Xunta non responde á petición oficial realizada en agosto para que obrigue ao cátering a empregala. Ante esta circunstancia, o Concello secunda esta mobilización iniciada desde o CEIP Humberto Juanes e invita a participar nela co obxectivo de que os vindeiros pregos de licitación da Consellería de Educación (que se publicarán previsiblemente en marzo) inclúan unha cláusula obrigando á empresa adxudicataria a usar estas instalacións.