IV Certame Literario “Verbas Novas” en Mañufe

A Asociación Cultural San Vicente de Mañufe convoca o IV Certame Literario “Verbas Novas”. Haberá dúas modalidades, relato curto e poesía, e dúas categorías, para nenos e nenas de ata 16 anos e para maiores de 16 anos. A data límite de entrega das obras será o sábado 4 de maio, e a entrega de premios e lectura das obras o 17 de maio ás 19:00 horas. Os premios en relato curto e poesía ata 16 anos serán de 80 euros para o primeiro e 60 para o segundo, mentres que en relato curto e poesía para maiores de 16 anos o gañador levará 150 euros e o segundo 100. Os interesados en participar poden recoller as bases no Centro Cultural a partir do luns 8 de abril.

Anuncios