O baionés Brais Martínez, entre os nomeados aos III Premios Galicia Sport

O baionés Brais Martínez é un dos 120 nomeados aos III Premios Galicia Sport, convocados pola revista Galicia Sport. Uns galardóns que valoran a traxectoria, o traballo e os éxitos conseguidos durante o pasado ano por deportistas, clubs e adestradores de Galicia, e avalados polo criterio de máis de 60 profesionais do deporte consultados pola redacción de Galicia Sport.

Dos 120 nomeados sairán 50 premiados a través dos votos efectuados por un xurado de profesionais seleccionado pola redacción de Galicia Sport, ademais de por os votos dos seus lectores. O futbolista baionés de 21 anos está nomeado como Mellor Xogador Semiprofesional. Na actualidade é defensa do Racing de Ferrol. Anteriormente formou parte do Val Miñor, o Alondras e o Bergantiños.

As votacións terminarán este sábado 11 de febreiro, a partir das 23:00 horas. Despois dese momento, as votacións serán sendo pechadas polo sistema aos poucos e de forma progresiva.

Galicia Sport é unha revista de gran formato e alta gama impresa e en formato dixital que coida e preocúpase de todos os deportes e deportistas galegos, facendo especial fincapé naquelas disciplinas máis afastadas dos grandes focos, e que con motivo destes III Premios publicará unha edición especial na que aparecerán todos os gañadores.