Samuel Ferro presenta en Gondomar “Tierra de Leyenda: El legado de Breogán”

A librería El Rincón de Nubia de Gondomar (Avda. Elduayen, 19, Baixo, Portal C) acolle este xoves 9 de febreiro ás 19:00 horas a presentación de “Tierra de Leyenda: El legado de Breogán”, de Samuel Ferro. O autor ofrecerá demais unha charla acerca da historia de Galicia, literatura…

O libro conta a historia de Martín, un raparigo sumido nas penurias da vida medieval de 1351, que se ve obrigado a sobrevivir da única maneira que sabe: á marxe da lei. Un dos seus labores se torce, o máis arriscado da súa vida, que o deixa en mans do destino. Un azar que depende de dous homes: Corvinus, un esquivo monxe que se move nas sombras pola vila de Tui, e Alfonso de Guzmán, o desapiadado señor de Salvaterra do Miño, que aplica a súa vontade sen piedade.

Pero non todo é crueldade, algúns valentes, liderados por un ilustre comerciante, loitan pola súa causa, ata as últimas consecuencias. Un raio de esperanza nace cando o seu historiador descobre as raíces do pasado do reino de Galicia, a lenda de Breogán? un soño que deben perseguir.