Sin categoría

A Biblioteca de Baiona acolle o espectáculo de maxia “Xogando coas palabras”

Este mércores, 10 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona, o mago Javier Muro presentará a actividade “Xogando coas palabras”, un espectáculo de maxia onde as palabras, os números e as letras escollidas polos nenos e nenas ao azar, van creando o espectáculo. Utilizaranse as palabras dos libros, para descubrir que talvez o futuro xa estaba escrito. Coa data de nacemento dos infantes, descubrirase o poder dos números e que relación hai coas palabras. E serán eles os que fagan a maxia, porque sen saber como, realizarán o espectáculo. A actividade é para nenos e nenas a partir de seis anos e a entrada é gratuíta ata completar aforamento. Comezará ás 18:00 horas e terá unha hora de duración.