Concentración contra a violencia machista na Ramallosa

Este mércores día 8 de febreiro convócase á cidadanía a concentrarse na Ramallosa ás 20:00 horas. O motivo é o feminicidio ocorrido o pasado domingo día 5 de febreiro en Baiona. A concentración é convocada pola Asociación Feminista Area Loura e polo Comando Ghichas.

“Temos que continuar berrando e clamando contra a violencia machista, contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivas na nosa sociedade. Nin unha vítima máis, o machismo mata! Querémonos vivas, libres, iguais e respectadas!”, sinalan desde a organización.