O grupo Ardelume de Baíña gravará un vídeo clip polos lugares máis emblemáticos de Galicia

O grupo de integración Ardelume de Baíña, dirixido polo seu profesor Samuel Soto, desprazarase este domingo en autobús a distintas localidades galegas para gravar o vídeo clip da canción “Morriña de Galicia” escrita por Pili Rodríguez con música de Samuel Soto. As pontes de Ourense, a Praza do Obradoiro de Santiago, a Muralla de Lugo, os canizos de Combarro, ou Faro Silleiro serán algunhas das localizacións de gravación. Este vídeo clip está financiado pola Deputación de Pontevedra e será unha canción promocional en galego sobre a nosa terra. O vídeo estará gravado por Diego Bea Besada, que traballou con Anxo Pintos, Susana Seivane, Xisco, ou nunha colaboración con Tanxugieiras entre outros.