Baiona informa das axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2022-2025

O Concello de Baiona, a través do departamento de Servicios Sociais, informa de que está aberto ata o 5 de maio o prazo de solicitude das axudas ao alugamento de vivendas do Plan Estatal de Vivenda 2022-2025. Para calquera información aquelas persoas interesadas pódense poñer en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona a través do teléfono 986385926 en horario 9:00 a 14:00. Tamén nas propias instalacións municipais situadas na planta baixa do edificio no mesmo horario. A información e os formularios de solicitude de participación atópase dispoñible na páxina web do Concello de Baiona.

REQUISITOS:

• Persoa maior de idade con nacionalidade española ou que resida legalmente en España.
• Ser titular, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
• Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda. Deben constar todos empadroados na dita vivenda na data da presentación da solicitude.
• Custe do aluguer da vivenda que non supere os 500 € mensuais ou 600€ se se trata de familias numerosas.
• Atoparse ó día coas obrigas tributarias estatais, autonómicas e coa Seguridade Social.
• Os ingresos da unidade de convivencia deben estar comprendidos no intervalo de 0,5 e 3 veces o IPREM, agás familias numerosas ou unidades de convivencia con persoas con discapacidade, cuxo límite máximo será de 4 ou 5 veces o IPREM dependendo das circunstancias.

DOCUMENTACIÓN:

a) Anexo I solicitude.
b) Contrato de alugamento da vivenda, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral.
c) Xustificante de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade de convivencia.
d) Anexo II declaración responsable das persoas integrantes da unidade de convivencia e comprobación dos datos necesarios para a tramitación do procedemento, no caso de que a unidade de convivencia estea integrada por máis dunha persoa.
e) Documentación xustificativa dos ingresos percibidos pola unidade de convivencia, no caso de non presentar declaración do IRPF: certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta, certificado de pensións ou prestacións periódicas no caso de non ser outorgadas polo INSS, certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario, certificado da contía percibida pola RISGA.
f) No caso das persoas separadas ou divorciadas, convenio regulador de nulidade, separación ou divorcio, ou sentenza que acredite que a persoa solicitante non ten o uso da vivenda familiar, así como a documentación acreditativa de estar ao día no pagamento das pensións alimenticias e compensatorias, de ser o caso.
g ) No caso de ser propietarios ou usufrutuarios dunha vivenda e non poder dispoñer dela: xustificación de non poder habitala por causas alleas a súa vontade.

NOTA IMPORTANTE: As solicitudes que no momento da súa presentación non vaian acompañadas dos documentos sinalados nas letras b), c) e d) quedarán automaticamente inadmitidas.