Baiona convoca unha concentración en contra do parque eólico Toroña proxectado na Serra da Groba

O Concello de Baiona convoca unha concentración na Praza do Concello este luns, 23 de xaneiro, ás 12:00 horas, para reafirmar o seu rexeitamento ao parque eólico Toroña proxectado na Serra da Groba. Desde o Concello de Baiona convídase a participar a toda a cidadanía neste acto para mostrar así a súa desconformidade con este plan eólico, que conta co aval da Xunta, e que rexeita o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, polo “enorme impacto que tería na nosa contorna de gran valor natural e patrimonial”.