Nigrán adquire dous camións para a recollida de biorresiduos

O Concello de Nigrán vén de adquirir dous camións de 3.500 kg de MMA cun custe de 91.960 € grazas ao financiamento da UE a través dos fondos europeos “NextGenerationEU”. Os vehículos teñen caixa basculante en aluminio para a recollida dos biorresiduos xerados desde a propia administración local nas súas actividades habituais (podas, traballos forestais, rozas…). A vantaxe que presentan é que non é preciso contar co permiso de condución C para empregalos, polo que calquera operario co permiso B pode manexalo e, ao mesmo tempo, separar o lixo desde a orixe para despois sometelo ao tratamento correspondente. O camión consta dunha cabina de tres prazas. “Simplifican e optimizan as labores de recollida selectiva ao non ter que contar cun condutor específico”, sintetiza o alcalde, Juan González.