Teresa Chamorro presenta a súa novela “El día que fui juzgada” en Sabarís

O Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Municipal de Baiona continua coa súa misión de potenciar o patrimonio cultural e a actualidade editorial. A primeira destas accións do 2023 terá lugar este vindeiro venres, día 13 de xaneiro ás 19:00 horas, coa presentación da primeira novela de Teresa Chamorro, “El día que fui Juzgada”, no edificio Multiusos Mercado de Sabarís. A autora, enfermeira de Panxón, animouse a escribir a obra durante o confinamento. Trátase dunha historia policíaca e cargada de suspense, ambientada na súa localidade natal e outros puntos da comarca miñorana.