O alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística do IES 1° de Marzo visita o CIM de Baiona

O alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística do IES 1° de Marzo visitou as instalacións do Centro de Información á Muller de Baiona para coñecer de primeira man os servizos que ofrece este departamento á cidadanía.

Así mesmo, o alumnado, que acudiu acompañado por profesado, tamén realizou unha visita ao Centro Multiusos Ángel Bedriñana. Os rapaces e rapazas mostráronse moi interesados en realizar un proxecto para desenvolver neste espazo municipal.

Durante este mes o estudantado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística do IES 1° de Marzo fará visitas a distintas entidades da comarca para coñecer “in situ” distintos recursos existentes.