Nigrán inviste 18.000 € na instalación dunha cortina divisoria no Pavillón Municipal de Panxón

O Concello de Nigrán vén de investir 18.137 € na instalación dunha cortina divisoria na pista principal do Pavillón Municipal de Panxón para poder desenvolver actividades diferentes simultaneamente e de xeito eficiente. Cúmprese así cunha demanda dos clubs que beneficia directamente tamén ás actividades deportivas municipais que se desenvolven nesta instalación.

A cortina, con mecanismo de acción por motor mediante emprego de mando a distancia, está fabricada en tela ignífuga serigrafiada co logo “Nigrán, Equilibrio Natural” e ten unhas medidas de 29 metros de longo, cubrindo desde o chan ao teito. A cortina non só permite utilizar pistas de xeito simultáneo senón que trátase dunha cortina acústica que usa sistemas construtivos de insonorización e elementos de absorción e reflexión interiores.

“Trátase dunha solución sinxela e económica que nos permite ter unha instalación deportiva moito máis versátil e cómoda. Deste xeito poden estar adestrando diferentes disciplinas á vez sen que interfiran entre elas”, explica o alcalde, Juan González.