A Garda Civil auxilia a unha muller con problemas de mobilidade que tiña a súa casa asolagada en Gondomar

Durante a madrugada do día 26 de decembro do pasado ano, a Patrulla de Seguridade Cidadá do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán son comisionados pola Central COC da Comandancia para que se dirixan de forma urxente a un domicilio dun barrio de Gondomar. Ao parecer, e debido á subida de caudal das augas do río Miñor polas fortes choivas o semisoto da casa estaba a asolagarse e nela atopa unha muller de avanzada idade atrapada nunha habitación.

Cando chegan ao lugar, atópanse ao propietario da vivenda, o cal manifesta que a súa sogra atópase atrapada no interior da planta semisoto da vivenda. Por parte dos axentes procédese a comprobar o estado da persoa que manifestan necesita auxilio, atopándose cunha señora de 91 anos, deitada nunha cama articulada de hospital, no semisoto, coa auga rodeando a cama xa á altura do colchón, e continúa subindo o nivel xa que non cesaban as fortes choivas.

O acceso ao soto tense que realizar mediante unhas escaleiras tipo caracol, duns quince banzos, sendo imposible facelo por outra zona con rampla no lateral da casa, ao estar xa mergullada baixo a auga. Compróbase que a señora de avanzada idade ten graves problemas de mobilidade, debido á súa idade e ao seu peso. Atópase moi asustada e os gardas civís deciden desprazar a cama cara ás escaleiras, o cal é imposible ao ter máis anchura que a porta da habitación onde está.

Finalmente, os dous compoñentes da patrulla deciden subir á señora entre os dous ao lombo, conseguíndoo finalmente despois de chegarlles a auga xa por encima das cadeiras e subir a escaleira de caracol con ela nesta postura. Unha vez no piso superior, e posta en zona segura a persoa rescatada, procédese a abrigala así como a acougar á súa filla e a súa neta dado o seu estado de nerviosismo. A continuación, xestiónase o traslado á residencia de maiores onde reside habitualmente.