Baiona Bay celebra o seu Concerto de Verán

O Concello de Baiona ofrece o Concerto de Verán do conxunto de voz e corda “Baiona Bay” este sábado 28 de xullo desde as 23:00 horas na Praza do Concello, dentro do programa cultural e de lecer Baiverán 2018. Baiona Bay está formada por: Bandurrias (Luis, Aitor e Paula); Laúd (Simba); Guitarras (Celso, Plácido, Ramón, Anabel, Mari, Ana, Marga, Antonio e Viñas; Voces (Kiko, Manolo, Herli, Carmen, Manolo, Mari Carmen, Gabriel, Cristina, Manuel e Jacinto).