A auga desborda polas arquetas na rúa Ana Isabel Costas de Nigrán

Unha veciña da rúa Ana Isabel Costas de Nigrán sente absoluta indefensión. A auga continúa desbordando polas arquetas “despois de avisar hai máis de 15 días ao Concello (4 avisos como mínimo) para que limpen o tubo de pluviais e as arquetas”. Lamenta que “por aquí non apareceu ninguén, nin sequera contestáronnos, o baixo da nosa vivenda asolagouse varias veces e cada vez que saímos ou entramos en casa temos que facelo con roupa e botas de auga”.