Galician Medical Manufacturing inicia a produción de próteses en Porto do Molle

O delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, e o delegado do Goberno, José Miñones, visitaron as instalacións da empresa Galician Medical Manufacturing (GMM), que en breve iniciará a súa produción de próteses personalizadas nunha das naves bioclimáticas de Porto do Molle, con maquinaria pioneira e única en España.

David Regades asegurou que “se trata dunha empresa á vangarda da innovación con catro novos emprendedores, que xa contan con clientes en toda Europa e países de América, onde exportarase a produción desde Porto do Molle. É un orgullo para Zona Franca albergar este proxecto”, sinalou.

Pola súa banda o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, garantiulles o compromiso do Goberno para impulsar o emprendemento e a innovación e animounos a aproveitar o “gran escenario de oportunidades sen precedentes” que se abre co Plan de Recuperación.

GMM é unha firma de recente creación con catro socios (Iago González Fernández, Guillermo Díaz del Río, Alejandro Casal e Andrés Vaquero), que ultima as obras dunha nave de 900 metros cadrados en Porto do Molle.

O seu obxectivo é converterse nunha empresa de referencia en implantes personalizados e manufactura médica en España a medio prazo e no prazo máis inmediato empezar a dar servizo aos seus clientes en Europa e outros países de América, como Paraguai ou México, entre outros.

GMM fabrica implantes e próteses personalizadas para tres especialidades (neurociruxía, cirurxía maxilofacial e cirurxía ortopédica e traumatoloxía). Iago González explicou que “abordamos os casos máis complexos pola malformación do paciente, aos que as solucións estandarizadas non poden ofrecer unha solución axeitada”.

Inclúen ademais as guías cirúrxicas para os médicos, que tamén fabrican en Porto do Molle, que guían os xestos do especialista ao longo da anatomía do paciente para ofrecer a máxima precisión.

As principais vías de negocio de GMM son dous, por unha banda, a fabricación de produto sanitario e por outro a actividade formativa. A liña de formación será un apoio imprescindible para a actividade da empresa nos seus inicios para a fidelización de clientes e para atopar talentos nos campos nos que a empresa traballa.

O obxectivo dos produtos de GM Manufacturing é satisfacer necesidades en canto a revisións protésicas personalizadas, outorgando unha alternativa aos pacientes cuxa anatomía/patoloxía desaconséllalles como usuarios das solucións estandarizadas xeneralizadas no mercado. Así mesmo, tamén ofrece solucións neurocirúrxicas a craneotomías adaptadas á curvatura e defecto do paciente, conseguindo recuperar non só a funcionalidade anatómica senón estética.

Os materiais dos que se compoñerán son PEEK, polietileno e titanio, e fabrícanse con dúas tecnoloxías: unha máquina de control numérico, que a partir dun bloque de material crea o produto final a través do fresado; e outra máquina coa que se fabrican os produtos ou as súas partes en titanio.

O catálogo de produtos que fabricarán en Porto do Molle consta de:

• Implantables para o recambio protésico: Implantes que substituirán as rexións articular é ou craniais danadas dos pacientes, que por xustificación médica/anatómica non son usuarios das próteses estandarizadas.

• Reconstrucións guiadas con guías cirúrxicas paciente-específicas. Dispositivos novos de uso médico que aseguran o traslado da planificación cirúrxica a quirófano. Mellorando os resultados, o postoperatorio e acurtando os tempos de recuperación dos pacientes.

• Fabricación de biomodelos anatómicos: unha ferramenta valiosa á hora de representar a anatomía ou patoloxías complexas, que o cirurxián dispoñerá e mesmo cos que interactuará para reproducir os xestos cirúrxicos previos á interacción co paciente.

• Implantes para a reconstrución de mamila post mastectomía. Nestes momentos non existe ningún produto sanitario no mercado que cubra esta necesidade. É un produto novo e actualmente protexido cuxa fabricación corresponderá unicamente a GM Manufacturing. Ademais, a empresa solicitará e implementará a certificación ISO13458, que acredita a xestión da calidade no ámbito da fabricación de produtos sanitarios e rexerá todos os procesos da empresa.