Gondomar solicita a declaración de zona catastrófica polas inundacións

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, solicitará á Xunta de Galicia e ao Consello de Ministros a “declaración de zona catastrófica de Gondomar con motivo dos danos producidos polas inundacións”. Así mesmo esixe que comecen de inmediato as obras necesarias que poidan paliar ou mitigar as inundacións, así como a limpeza dos ríos Zamáns e Miñor, anunciadas e adxudicadas xa á construtora Prace.

“Os danos causados en Gondomar polas inundacións son cuantiosos: baixos asolagados, negocios pechados, vivendas asolagadas, desfeitas en viarios, zonas axardinadas, edificios municipais, derrube de noiros e muros, etc., polo que esiximos que tales feitos son máis que suficientes para que a zona (Gondomar), sexa declarada como catastrófica. É agora, como mínimo, estar á beira dos afectados, restituír a normalidade e executar as obras necesarias que desde o 2015 vimos esixindo”.

“Desde o Concello daremos toda a información, axuda e asesoramento aos afectados, e poñémonos á súa enteira disposición como todos os nosos medios, técnicos, materiais ou humanos”, asegurou o alcalde.