Baiona forma a 15 desempregados do municipio en Competencias Clave Nivel 2

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o Concelleiro de Emprego, Óscar Carreño Miniño, achegáronse ata o Multiusos Ángel Bedriñana para dar a benvida ás persoas participantes no Curso de Competencias Clave Nivel 2 que comezou este xoves. Un total de 15 persoas desempregadas do concello participan nesta formación. O curso ten unha duración ata o 24 de marzo de 2022 e se impartirá nas aulas formativas que ten o Concello de Baiona no Multiusos Ángel Bedriñana. Ao finalizar as sesións aquel alumnado que teña completado os diferentes módulos formativos recibirá a titulación acreditativa das Competencias Clave Nivel 2, mellorando deste xeito a súa cualificación profesional.

A Concellería de Emprego do Concello de Baiona, consciente da necesidade de formar a un porcentaxe importante da poboación do municipio (que pola súa idade ou situación sociolaboral) non tiveron acceso ou abandonaron a formación conducente á titulación de graduado na ESO, polo que se ven limitadas as súas ferramentas persoais para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 vendo así mermadas as súas expectativas de mellora da empregabilidade e de inserción laboral, pon en marcha este Curso de Competencias Clave Nivel 2 (competencia en lingua castelá, matemáticas e lingua galega) cunha carga lectiva de 265 horas.

A aposta do Concello de Baiona por este plan formativo municipal ten como obxectivo facilitar a inserción laboral e incrementar as oportunidades para acceder ao mercado laboral dos veciños e veciñas do municipio.