Nigrán organiza unha excursión a Perlim

O Concello de Nigrán ofrece un ano máis unha excursión ao parque temático de Nadal máis grande de Portugal, Perlim, o martes 27 de decembro. A inscrición abrirá o xoves 22 e venres 23 de 9:00 a 14:00 horas na Oficina de Turismo de Dunas de Gaifar sendo un número limitado de prazas que seguirá unha rigorosa orde de inscrición con prioridade para os empadroados en Nigrán con nenos. O prezo é de 6 € (os menores de 3 anos non pagan) e inclúen a entrada ao recinto e o transporte, tendo que abonarse no mesmo día da excursión. A hora prevista de saída é as 10:30 horas e a de chegada ás 22:30 horas.

Situado en Santa María da Feira, cerca de Espinho e Porto, abre as súas portas un Nadal máis para que os máis pequenos se penetren nun mundo de maxia e diversión: Laponia, o oeste, contacontos, monicreques, teatro, pista de xeo, tren, tirolinas….