Firma de “Dedas”, o libro que crece no Val Miñor

O centro comercial Nasas Nigrán acolle este xoves 22 de decembro a firma do libro “Dedas” do grupo de fusión de arte Solaina Val Miñor. “Dedas”, o álbum ilustrado sobre a diversidade 100% de Val Miñor, é o agasallo perfecto para festexar o Nadal. Cun coidado uso do galego, é un libro que crece e aposta pola cultura, a lectura desde a infancia e pon en valía toda a riqueza da comarca do Val Miñor. “Dedas” crece a través de “Un paseo por Nigrán” e “Un paseo por Baiona”.

Solaina é a unión dos nomes da escritora e poeta Soledad García, a pintora Laine Villero e a deseñadora gráfica Natalia Guisande. Tres mulleres nais emprendedoras que reforzan a maxia do Nadal apostando pola súa terra con libros educativos con actividades e roteiros para gozar en familia. Solaina estará a asinar libros no centro comercial Nasas Nigrán, con sorpresas para os máis peques da casa. O acto comezará a partir das 18:00 horas na bocatería Lalos.

Coa compra dun libro “Dedas” os peques recibirán un agasallo moi especial.