A Garda Civil incauta 30 kg de centola e 3 kg de nécora

O pasado día 11 do presente mes, a Garda Civil incautou en Cangas do Morrazo 30 kg de Centola e 3 kg de nécoras transportadas de forma ilegal. A aprehensión levouse a cabo nun punto de verificación de seguridade cidadá, no km 1 da estrada EP-1005, por compoñentes do Posto da Garda Civil de Cangas do Morrazo, interceptando un vehículo, que no seu maleteiro levaba tres capachos cargados de crustáceos.

Unha vez descuberta a carga, solicítase a presenza dunha patrulla do SEPRONA do mesmo Posto, para que realice a inspección da mercadoría transportada, observando que o condutor do vehículo non mostra documentación algunha en relación á rastrexabilidade da mercadoría, e non pode xustificar a súa legal procedencia.

Ao condutor do vehículo informóuselle da formalización dunha acta-denuncia á normativa de Pesca de Galicia. Co apoio e a colaboración do Patrón Maior da Confraría de San José de Cangas, e utilizando unha embarcación da mesma, procedeuse á súa devolución ao mar, ao atopase os crustáceos con vida.

A Garda Civil agradece á Confraría de San José Cangas, a colaboración prestada para a custodia da mercadoría incautada, e a súa posterior devolución ao mar.