Anulada a XIII Ruta Moteira de Papanoeles do Val Miñor

A Peña Motera “Os Rillasepas” informa que a XIII Ruta Moteira de Papanoeles do Val Miñor, prevista para este domingo día 18 de decembro, queda anulada ante as previsións meteorolóxicas. “Dan moi mal tempo para o domingo así que non temos opción. Cremos que é a decisión máis acertada. Botarémolo de menos”, sinalan desde a organización.