Exposición de Microbeléns no Multiusos Mercado de Sabarís

En decembro iníciase o período por excelencia no belenismo de toda España. Miles de afeccionados aproveitan as festas para facer unha escapada familiar a distintos puntos da xeografía española e gozar dos mercados do Nadal, a iluminación especial dos centros urbanos e, como non, os beléns máis bonitos de España. Pola súa peculiaridade e especial relación con esta arte, Baiona, con esta exposición, intégrase nos Roteiros Belenistas do noso país. Un turismo familiar ao redor desta tradición que, ademais, completarase con outras actividades.

EXPOSICIÓN BELENISTAS

4 espazos (escaparates) do recinto expoñen os Beléns dos máis destacados belenistas de Baiona.

  • NANDO FERNÁNDEZ PENEDO, autor do Belén do Centro Cultural de Valladares e desde hai algúns anos en Gondomar (edificio da Policía Local). Todas as figuras están en movemento.
  • JUAN SANTOS ALDERETE, autor do Belén da Igrexa de Baiona e tradicionalmente un Belén no baixo da súa casa do casco antigo, amplamente coñecido polos veciños de Baiona. Con figuras de gran tamaño, adoitan ser impresionantes as paisaxes que compón.
  • MANUEL CAROU, realiza un Belén visitable na súa casa de San Cibrán, xa recoñecido dentro do Roteiro de Belenistas. Todas as figuras en movemento cun audio que narra o nacemento de Xesús.
  • MOSTRA COLECCIÓN LUIS CRUCES, microbeléns do mundo.

CERTAME DE MICRO-BELÉNS

Convocado polo Concello de Baiona coa colaboración de COEMSA e OVALMI, co ánimo de cultivar e protexer o noso patrimonio cultural, para conservar as nosas tradicións e costumes que fomentan as actividades en familia. Un xurado formado por Belenistas outorgará os premios ao Belén máis orixinal e ao Belén máis traballado. O galardón ao máis popular será elixido segundo os votos do público que visite a exposición. 20 Microbeléns expoñeranse no Multiusos de Sabarís do 15 de decembro ao 8 de xaneiro en horario de luns a venres de 18:00 a 21:00 horas, sábado e domingo de mañá de 12:00 a 14:00 horas e de tarde de 17:00 a 20:30 horas. Compleméntase este concurso co Premio para o mellor Belén Familiar en domicilio particular para o que se presentaron nesta edición 8 Beléns Familiares.

PROGRAMACIÓN

  • Inauguración, xoves 15, 19:30 horas. Concerto Jorge, 20:30 horas.
  • Visita coles de Sabarís, venres 16, 12:00 horas.
  • Entrega de premios Concurso Micro-Beléns, luns 26, 20:00 horas.
  • Beléns en domicilio particular. Roteiro visita a Beléns, xoves 29, 17:30 horas.