O Turonia GFG imponse ante o Cambados Gaélico

Este sábado xogáronse no campo de Chaín de Gondomar dous partidos das ligas galegas de fútbol gaélico masculina e feminina.

Pola banda das mulleres, as do Turonia xogaron un partido moi apurado contra as actuais campioas de Liga, o Estrela Vermelha de Santiago. No primeiro tempo foron ao descaso cun empate, pero logo as santiaguesas non deron tregua e leváronse o partido por un contundente 11 a 21. Con todo, as rapazas miñoranas continúan no terceiro posto da táboa empatadas coas Fillas de Breogán da Coruña.

Os homes do Turonia GFG enfrontáronse no primeiro partido da volta contra o Cambados Gaélico, impoñéndose desde o principio, e sempre por diante no marcador, cun resultado final de 27 a 19, que leva ao equipo masculino de Gondomar ao máis alto da táboa e no bo camiño para conseguir o ansiado ascenso.