Semana Cultural en Camos

A Asociación Centro Cultural de Camos “A Camoesa” organiza a súa Semana Cultural. A programación comeza este venres 9 de decembro ás 20:00 horas co Grupo de Teatro “A Moura” de Chaín, que representará a obra “O vestido de noiva”. O sábado día 10 ás 18:00 horas haberá un conto musical infantil con “Orquestra de Camarote”, e ás 19:00 horas o grupo Teatro do Ar ofrecerá a obra “Días Felices”. O domingo 11 de decembro desenvolveranse manualidades infantís ás 17:30 horas, gratis para os socios e cun prezo de 3 euros para os non socios, e finalmente, Teatro “A Cividade” representará a obra “É por aí? E queda moito?, ás 19:00 horas.