A Área Sanitaria de Vigo avanza na mellora da atención sanitaria a persoas con autismo

A Federación Autismo Galicia continúa coa implantación do Programa de Mellora á Atención Sanitaria ao Paciente con Autismo (MAS_TEA) xunto coa Fundación Menela. Trátase dunha iniciativa que permite aumentar a comprensión dos espazos e os servizos sanitarios da Área Sanitaria de Vigo, contribuíndo a derribar barreiras e facilitar unha atención específica, especializada e de calidade ás persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA).

As persoas con TEA non presentan de maneira significativa problemas específicos de saúde diferenciados do resto da poboación, pero sí outras limitacións que poden dar lugar a que a asistencia a unha consulta sanitaria sexa máis complicada do habitual, dificultades asociadas tanto ao seu trastorno do autismo como á contorna sanitaria.

Con estas medidas tamén se busca evitar a renuncia por parte do paciente ou da súa familia a realizar un coidado da saúde nas mesmas condicións e garantías que ofrece o sistema público de saúde, coas evidentes consecuencias tanto a curto como a longo prazo que isto supón na súa calidade de vida.

500 pictogramas nos centros de saúde

Así, grazas a este Programa, vense realizando accións de humanización e accesibilidade dos espazos e servizos sanitarios dos centros de Atención Primaria, adaptando a súa sinalética con sistemas alternativos de comunicación como son os pictogramas. Na pasada semana incorporáronse a este Programa os centros de Saúde de A Doblada e Rúa Cuba, nos que se implantaron un cento de pictogramas. En total, lévase colocados 500 pictogramas nos centros de saúde de Coia, Casco Vello, Rosalía de Castro, Teis e San Paio de Navia.

Os pictogramas son símbolos gráficos, representacións sinxelas, de fácil aprendizaxe que representan un obxecto, persoa ou concepto de maneira que existe unha similitude física entre o símbolo e o significado. Isto facilita a comprensión por parte de calquera paciente pero, en particular, daqueles que poidan presentar un déficit cognitivo.

Sesións formativas para os profesionais

Ademais destas accións, a Federación Autismo Galicia – Fundación Menela, desenvolveu nos centros de saúde unha labor de formación e orientación dos profesionais sanitarios sobre as estratexias para o manexo do paciente con autismo na consulta, co obxectivo de achegarlles un maior coñecemento sobre aquelas características que presentan e que poden dificultar a súa atención.

“O método de traballo para desenvolver o programa require dun alto grado de implicación por parte do sector sanitario, polo que desde Autismo Galicia e Fundación Menela agradecen esta implicación á Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e aos seus profesionais”.

Trastorno de Espectro do Autismo

O Trastorno de Espectro do Autismo (TEA) é un conxunto amplo de condicións que afectan ao neurodesenvolvemento e ao funcionamento do sistema nervioso, dando lugar a dificultades de comunicación e interacción social, así como na flexibilidade do pensamento e da conduta. A súa prevaleza é de 1 caso cada 100 nacementos. Se considera que hai más de 450.000 persoas con TEA en España e unhas 27.000 mil en Galicia.